O percorrido máxico de Papá Noel comeza por Ponte Caldelas
Por Redacción
Nin a choiva nin o vento que azoutou as Rías Baixas este sábado de Noiteboa impediu que Papá Noel emprendese a súa viaxe máxica para encher de agasallos os fogares dos nenos de toda a comarca de Pontevedra. E unha das súas primeiras paradas foi en Ponte Caldelas.
Centos de nenos e nenas acudiron á recepción organizada polo Concello na Casa da Cultura de Ponte Caldelas, onde chegou tras un paso polas rúas do municipio.
Papá Noel atendeu as últimas peticións dos máis pequenos e entregoulles caramelos cos que adozar a espera ata que pase por todas as súas casas para deixar os agasallos.
Ademais, aínda os rezagados utilizaron a caixa de correos instalada para a recepción do bonachón personaxe do Nadal para entregar as súas cartas cos desexos para esta noite.