Sentida homenaxe na Deputación aos 21 traballadores xubilados este ano
Por Redacción
O Pazo Provincial volveu ser escenario este venres dun sentido momento de encontro e afectos na tradicional homenaxe os traballadores da Deputación que este ano acadaron a súa xubilación, así como na entrega de premios do Concurso de Nadal, no que participaron unha vintena de servizos da institución e que gañaron nas distintas categorías o Centro Príncipe Felipe e os servizos de Arquitectura e Cooperación.
Foi un acto para "desfrutar de ser unha familia e crear espazos de convivencia", no que a presidenta Carmela Silva destacou que todas as persoas homenaxeadas son "xente que construíu provincia; nesta casa hai grandes servidoras e servidores públicos, o foron e o serán xa para sempre", cun especial recordo para dúas traballadoras falecidas este ano, Arantxa Mosquera e Ángeles González, quen foron fortemente aplaudidas polas persoas asistentes.
Nun salón de plenos abarrotado e presidido polos lemas "Ti acendes o Nadal" e "Esta é a túa casa", Carmela Silva foi a encargada de entregar ás persoas xubiladas e aos familiares das falecidas a insignia de oro que simboliza o recoñecemento da institución a traxectorias que nalgúns dos casos suman 45 anos.
Este ano xubiláronse 21 persoas, 10 mulleres e 11 homes.
Relacionadas:
-
As irmáns Mendoza 'reviven' como anfitrioas da oficina "máis sorprendente, dixital e inclusiva" de Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- A formación en compostaxe en Pontevedra chega con éxito á reserva da biosfera de Illa do Príncipe
Por Oskar Viéitez |
-
O servizo de teleasistencia da Deputación de Pontevedra rexistrou este ano 7.528 alarmas
Por Oskar Viéitez |