RADIO.- Traemos un 'Cara a cara' especial para o día dos Santos Inocentes
Por Marisa Ciordia
Estamos nese día do ano en que non hai que perder de vista as costas porque á mínima... entras na lista dos inocentes. Unha xornada na que as bromas seguen sendo tradición. Así que en PontevedraViva Radio poñémoslle mooooooito sentido do humor a este 28 de decembro.
Nesta edición especial do podcast 'Cara a cara' non descubrimos nada novo, máis ben incidimos e reincidimos en algo que é máis que evidente: quen ten boca equivócase; así que estando diante duns micrófonos, podedes imaxinar que as equivocacións se producen, aínda que non cheguedes a escoitalas sempre.
Hai días en que a correcta pronuncia ou a fluidez verbal resístense, outros en que a cabeza funciona máis lenta do debido, ou días en que os equipos tamén teñen o día torcido... así que escoita ou descarga o podcast porque rimos de nós mesmos. Que o gocedes!