O porto de Marín recibe a maior descarga de millo do último lustro
Por Redacción
Un total de 65.000 toneladas de millo porta o buque Richmond, con bandeira chinesa e procedente do porto de Youzhny, que está atracado no Muelle Leirós para realizar a segunda maior descarga de granel na historia do Porto, só superada polas 69.000 toneladas que deixou en Marín o barco Ioannis Zafirakis, en agosto de 2008.
Esta operación, como as anteriores, efectúaa a empresa Galigrain, pertencente ao grupo NOGAR. O Richmond é un buque de gran porte, con 225 metros de eslora e 32 de manga.
2013 está a ser un ano marcado polas descargas masivas de graneis agroalimentarios, unha das mercadorías que contan con certificado europeo de calidade no Porto de Marín. No mes de xaneiro foi o buque Endless o que operaba a maior descarga dos últimos cinco anos, con preto de 62.000 toneladas e en febreiro, o Double Prestige deixaba en porto 53.000 toneladas de trigo.
Marín é un gran centro loxístico de recepción e distribución para graneles agroalimentarios. Este tipo de descargas de granel orixina no Porto de Marín unha intensa operativa tanto de trens coma de camións e pon en marcha os medios especializados do a terminal de graneis como grúas especializadas e tolvas ecolóxicas.