RADIO.- Desmontamos os mitos do amor romántico no último podcast de 'A min tamén me pasa' deste ano
Por Redacción
Cal é o teu concepto do amor romántico?, e crees nese amor romántico?. Coidado porque podes estar a caer nunha serie de mitos perxudiciais para ti, e para á túa parella ou parellas. Desciframos unha serie de crenzas asociadas a ese amor romántico xunto ao psicólogo sanitario e sexólogo con perspectiva de xénero, Carlos Márquez Barros.
"O amor romántico - vinculado a unha serie de estereotipos -, ten consecuencias negativas proque é unha expectativa pechada e ás veces non é posible encaixar nela", coméntanos durante este cuarto capítulo do podcast 'A min tamén me pasa'.
Tocamos o mito da media laranxa, o mito de: o amor todo pódeo ou da omnipotencia. A perigosa concepción de que os celos son proba de amor e que está vinculado a un arcaico concepto de posesión da parella, ou que pode encerrar ademais algunhas carencias da persoa atrapada neses celos.
Outro mito a desenterrar é o que afirma que o amor é "unha piscina de orgasmos".
E outro mito non exento de controversia é o mito da exclusividade; así que recomendamos escoitar a argumentación que este profesional achega respecto diso.
Podes escoitar este episodio no audio que aparece a continuación e tamén escoitar ou descargar o podcast na web de PontevedraViva Radio.