Cerdedo-Cotobade achega o seu patrimonio rupestre ao alumnado dos centros educativos
Por Redacción
Alumnos do CEIP de Tenorio e do IES Cotobade participaron en senllas conferencias divulgativas sobre o inxente patrimonio arqueolóxico e a arte rupestre que atesoura o concello de Cerdedo-Cotobade, protagonizada polo arqueólogo Tito Concheiro.
Estas charlas divulgativas, que contaron coa presenza do alcalde, Jorge Cubela, versaron sobre os traballos de recuperación e posta en valor que o Concello de Cerdedo-Cotobade está levando a cabo a través dun ambicioso proxecto financiado pola Xunta de Galicia e que ten como protagonistas aos petróglifos de Portela da Laxe, Laxe dos Cebros, Pedra das Ferraduras e Laxe das Rodas.
Estes traballos están sendo levados a cabo pola empresa Árbore, Sociedade Cooperativa Galega, especializada en posta en valor do patrimonio arqueolóxico e encádrase nas actuacións previstas no convenio asinado entre o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades polo cal a Xunta aportou uns 30.000 euros.
O arqueólogo, que emocionouse ao lembrar os tempos de rapaz cando estudiou no CEIP de Tenorio, puxo en valor o importante patromino histórico e rupestre que atesoura o concello e instruiu ao alumnado sobre a relevancia de contar con estes recursos culturais que son un auténtico reclamo para a promoción turística.
Finalmente, Tito Concheiro animou aos estudiantes a coñecer máis sobre os petróglifos e a coidalos e defendelos como un legado único no mundo que temos a obriga de protexer e conservar para as novas xeracións que nos sucedan.