Acaba no hospital con queimaduras ao causar un incendio mentres manipulaba cera quente
Por Redacción
Unha tarefa tan cotiá para moitas mulleres como facerse a cera provocou que unha moza pontevedresa acabase no hospital. Sufriu queimaduras de diversa consideración ao provocarse no seu domicilio un pequeno incendio que obrigou a actuar aos Bombeiros de Pontevedra. O lume foi provocado pola cera quente que estaba manipulando.
O suceso tivo lugar sobre as cinco da tarde do sábado. O aviso ao 112 foi realizado por un articular ao divisar o fume que saía pola fiestra dun piso da rúa Loureiro Crespo. Segundo fontes do servizo de urxencias, a cera quente caeu sobre uns plásticos e uns tecidos que a moza depositara á súa ao redor, o que provocou o incendio.
Ademais dos Bombeiros de Pontevedra, que non tiveron problema algún para extinguir o lume, desprazáronse ata a zona efectivos da Policía Local e de Protección Civil.
A moza foi trasladada por un veciño ata un centro hospitalario para seren atendida das súas queimaduras que, en todo caso, non revestían gravidade.
INCENDIO NO PINO
Os bombeiros acudiron este sábado tamén a unha vivenda da rúa Ponte do Couto, no lugar do Pinoo, para sufocar un incendio provocado por un curtocircuito nunha secadora. Cando chegaron o lume xa fora controlado polos seus propietarios, polo que simplemente axudaron a extinguilo e a ventilar o inmoble.