A Mancomunidade de Montes de Pontevedra, disposta a demandar ao Concello pola cobranza indebida do IBI
Por Oskar Viéitez
A Mancomunidade de Montes de Pontevedra expresou o seu enfado co Concello de Pontevedra a raiz dos requirimentos de cobranza de recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) que reclaman a varias comunidades de montes por parcelas veciñais.
Estes requirimentos do pago da coñecida popularmente como a "contribución" inclúen o apercibimento de recargo en vía de apremio e ameaza de embargo de contas bancarias.
A cuestión é que, por lei, as parcelas de monte veciñal en man común están exentas do pago do IBI, como ben coñece o Concello xa que estes requerimentos lévanse producindo desde hai varios anos, chegando algún deles á vía xudicial onde se declarou a improcedencia do pago do imposto.
Á comunidade de montes de Salcedo chegóuselle a reclamar preto de trescentos mil euros por non abonar este imposto á Administración local e os comuneiros de Verducido pagaron máis de 10.000 euros en concepto de Ibi no últimos seis anos por propiedades como o campo de fútbol, o centro social e a canteira.
Nesta rolda de prensa, facendo unha fronte común, os representantes das comunidades de montes do municipio criticaron a "actitude incomprensible" do servizo tributario municipal e a "inacción" do goberno local con este problema do que ten coñecemento pero que non resolve.
A Mancomunidade de Montes de Pontevedra solicitou unha reunión de carácter urxente co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro responsable da área de Facenda, Raimundo González.
Os representantes das comunidades de montes deixaron claro que a súa é "unha demanda totalmente xustificada e apoiada pola lei" polo que, se solicitude non é atendida de forma "frutífera" por parte do Goberno local, "iniciaremos os procedementos legais pertinentes contra o Concello".
"Non estamos a pedir un trato de favor, senón que a excepción que contemplan as leis sexa efectiva e que non se cheguen a xerar recibos de reclamación do IBI para as comunidades de montes", concluyeron.
Relacionadas:
-
Os comuneiros de Pontevedra denuncian ao Concello ante Fiscalía pola súa insistencia na cobranza do IBI
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Mancomunidade de Montes de Pontevedra elixe Xunta Provisional
Por Redacción |
-
Comuneiros de toda Galicia inician unha campaña contra "o intento do PP de privatizar o monte comunal"
Por Oskar Viéitez |
-
O Salcedo sae á rúa farto de ser "o club máis antigo sen un campo de herba"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
"Todos saen gañando" coa sinatura do acordo sobre os terreos do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Unión dos comuneiros para que o "anel verde" de Pontevedra sexa máis rendible e sostible
Por Alejandro Espiño |