Paraugas de cores na Ferrería para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
Este sábado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunha iniciativa na que participaron máis de 100 asociacións de discapacidade de toda Galicia, entre elas Xoga, Aspace, Down Xuntos, Asearpo, Asseii ou Adicam.
No caso de Pontevedra, a Praza da Ferrería acolleu o acto reivindicaivo 'Baixo o mesmo paraugas', que chega este ano a súa sétima edición e que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputación Provincial
Nesta xornada trataron de visibilizar a riqueza dunha sociedade diversa e plural, así como demandar un sistema laboral que os teña presentes, unha accesibilidade universal, unha atención sanitaria competente, un incremento de inversión en investigación e rehabilitación, e axudas e apoios a persoas con discapacidade, familias e entidades.
A lectura do manifesto e a actuación musical correu a cargo de Nelson Quinteiro, con música e lingua de signos, acompañado polo concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a deputada provincial de Cohesión Social, Olga García.
Os participantes levaron un paraugas de cores nun día que irá acompañado co acendido de cor verde de diferentes edificios municipais como son a Casa Consistorial de Pontevedra, a Casa Rosada de Poio e o Consistorio de Cangas.
'Baixo o Mesmo Paraugas' polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Este sábado día 3 de decembro, centos de persoas dun total de 11 entidades sociais da provincia de Pontevedra celebraron o Día Internacional das Persoas con Discapacidade nun acto na Praza da Ferrería baixo a sétima edición da iniciativa 'Baixo o Mesmo Paraugas'
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Dous gañadores de Estrela Michelín, xurado nas semifinais do certame 'ASPACE cociñamos xuntos'
Por Redacción |
-
Froiz contrata catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
Por Redacción |
-
O 'Informe Cero' presentado pola Deputación alerta da 'mala saúde' da Lingua de Signos Galega
Por Redacción |
-
Cinco entidades da discapacidade piden a instalación dun gran cambiador inclusivo en Pontevedra
Por Redacción |
-
A "escola de vida" máis divertida, motivadora e inclusiva
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Amizade reunirase co xerente da área sanitaria para transmitirlle unha serie de problemáticas detectadas
Por Redacción |