Manifestación en defensa da sanidade pública
Protesta realizada na tarde do 30 de novembro polas rúas de Pontevedra, convocada polo sindicato Co.Bas
© Mónica Patxot
Manifestación e petición de sinaturas nas rúas para demandar unha Atención Primaria de calidade

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín

© Cerdedo pola sanidade pública
O sindicato Co.Bas, co apoio do colectivo Marea Blanca, realizaba a última hora da tarde deste mércores unha manifestación en Pontevedra en defensa da sanidade pública e en contra da súa privatización. Partía da praza do Hospital Provincial coa participación de numerosas persoas entre as que figuraban profesionais da área sanitaria.
Os convocantes alertan da necesidade de defender a sanidade pública ante a xestión por parte da Xunta de Galicia. Demandan máis profesionais facultativos en Atención Primaria, pediatras e solucións para evitar os colapsos que se producen nos Puntos de Atención Continuada e en Urxencias do Hospital Montecelo. A marcha concluía no cruzamento entre a rúa Rosalía de Castro e Raíña Vitoria, nas proximidades da sede provincial do Partido Popular.
Alí pediron boa xestión dos servizos públicos, con profesionais médicos e dotacións de ambulnacias medicalizadas de xestión directa, ademais de implementación de especialidades como a psiquiatría e a psicoloxía.
Desde o sindicato Comisións de Base Co.Bas. tamén alertaban de que o modelo do novo hospital de Montecelo non será de xestión pública senón de xestión mixta público-privada como o Álvaro Cunqueiro en Vigo, un modelo que consideran fracasado e corrupto.
Ademais, durante esta xornada, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra estableceu unha mesa de recollida de sinaturas, situada entre Benito Corbal e Sagasta, en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa da Atención Primaria. Pretenden que se tramite no Parlamento de Galicia para resolver esas situacións de falta de médicos nos centros de saúde e nos PAC da área sanitaria.
MARÍN
A xornada reivindicativa tamén se desenvolvía no Centro de Saúde de Marín, onde se recollían apoios para promover esta ILP. Alí a Plataforma en defensa dá Sanidade reclamaba tamén reforzo do persoal e evitar a precariedade laboral que provoca a marcha dos sanitarios a outros puntos con mellores condicións.
Sinalan que se incrementan os días de espera para citas na Atención Primaria e lembran que a presión cidadá é a única fórmula para que o goberno autonómico reaccione.
Animan tamén a aquelas persoas interesadas en ser voluntarias por esta causa para poñerse en contacto coa Plataforma para continuar coa recollida de firmas para defender unha atención sanitaria digna.
CERDEDO-COTOBADE
Tamén no Centro de Saúde de Cerdedo rexistrábase unha concentración de persoas convocadas pola plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública.
Demandan a presenza dun profesional médico todos os días laborables en horario matinal, a recuperación do servizo de Pediatría e unha ambulancia medicalizada que atenda a toda a comarca.
SANXENXO E O SALNÉS
Tamén SOS Sanidade Pública Sanxenxo recollía sinaturas de apoio á ILP en Vilalonga, Baltar e no parque Espiñeiro durante esta xornada, despois de coñecer nos últimos días que o Centro de Saúde de Baltar permanecerá sen pediatra.
Tamén se instalaba unha mesa para sumar apoios no Grove tanto no centro de saúde como na Rúa Castelao. Este municipio tamén se ve afectado pola supresión de pediatras.
Manifestación demandando melloras na sanidade pública
Centos de persoas participaron neste acto de protesta polas rúas de Pontevedra ante a situación que atravesa a Atención Primaria, nun acto convocado polo sindicato Co.Bas
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
A mesa da sanidade de Poio pon o foco na falta de profesionais e o colapso de Urxencias
Por Redacción |
-
Entrega de carbón da Plataforma de Seixo á xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
A Mesa en Defensa dos Dereitos Sanitarios convoca unha xuntanza para preparar a manifestación de febreiro en Compostela
Por Redacción |
-
Cambio na xerencia da área sanitaria e inmunodepresión social ante a falta de médicos
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz & Mónica Patxot |
-
O colapso de Urxencias de Montecelo obriga a derivar pacientes ao Salnés e a QuirónSalud
Por Manu Otero |
-
O centro de saúde de Vilalonga non terá médico do 5 ao 9 de decembro
Por Redacción |
-
José Flores, xerente da área sanitaria: "Os contratos que temos hoxe aquí son os mellores que se poden ofrecer"
Por Anxo Lourido |
-
Os colexios médicos desmenten ao conselleiro e desmárcanse de eventuais peches de centros de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Baltar queda "definitivamente" sen pediatras
Por Redacción |
-
Concentración de Marea Branca en defensa da sanidade pública
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra rompe relacións coa Consellería de Sanidade
Por Redacción |
-
Bonecos para demandar un pediatra e melloras na Atención Primaria de Baltar
Por Redacción |
-
Montse Prado, do BNG, afirma que a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é o "banco de probas" do PP para desmantelar a sanidade
Por Anxo Lourido |
-
O número de ausencias de facultativos nos PAC da área sanitaria de Pontevedra é o máis elevado de Galicia
Por Anxo Lourido |
-
Cada día nun servizo e con material obsoleto, a triste realidade dos celadores de Pontevedra
Por Mónica Patxot & María José Pita |