O persoal do Diario de Pontevedra reclama a negociación do convenio
Os traballadores e traballadoras do medio pertencente ao Grupo El Progreso concentráronse nas proximidades ao centro de traballo este 30 de novembro de 2022
© Mónica Patxot
Persoal do Diario de Pontevedra mobilízase para reclamar un convenio colectivo digno con salarios xustos
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d2b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6387497dc7-20221130-patxot-concentracion-diario-pontevedra-1527.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dd0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/638749a515-20221130-patxot-concentracion-diario-pontevedra-1526.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/980/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/638749aff1-20221130-patxot-concentracion-diario-pontevedra-1525.jpg)
© Mónica Patxot
Traballadores do medio de comunicación Diario de Pontevedra concentrábanse este mércores 30 para demandar un convenio colectivo digno con salarios xustos. Denuncian que levan sete anos con soldos conxelados. A concentración celebrábase entre as rúas Lepanto e Benito Corbal co apoio dos sindicatos CIG e UXT, centrais con representación neste xornal, cabeceira que forma parte do grupo El Progreso.
A intención destas accións, segundo fontes sindicais, é retomar as negociacións do convenio que se suspenderon de forma unilateral despois de tres meses de encontros para tentar alcanzar un acordo. Tras a última oferta presentada pola empresa, cunha subida media do 1,1% para 2022, o diálogo quedaba roto. Os representantes sindicais condiseran que "a proposta é insuficiente e inxustificada para o persoal".
A partir dese momento, a asemblea do persoal decidiu apoiar o calendario de protestas para reclamar á dirección unha mellora das súas condicións económicas e laborais xa que os salarios non se actualizan desde 2015 coa consecuente perda do poder adquisitivo, que supera xa o 18% despois das subidas do IPC nos últimos anos. "A actual inflación coloca a empregadas e empregados nunha situación límite en moitos casos", argumenta o persoal.
Durante a pandemia, a empresa tamén puxo en marcha un ERTE ao longo de 2020 que provocou un quebranto organizativo cun sobreesforzo durante o período de maior incidencia da covid para "dar cobertura informativa sen que o produto vísese resentido". Este ERTE, segundo os sindicatos, aplicouse a pesar de que o sector foi declarado de primeira necesidade polo Goberno central durante a crise sanitaria e o esforzo realizado non se agradeceu nin se compensou economicamente polo que o persoal viu reducida a súa bolsa de paro e sufriron o agravio comparativo con outras empresas do sector, que evitaron aplicar medidas deste tipo.
Desde o equipo de traballo do Diario de Pontevedra manteñen o seu compromiso coa cidade e demandan o apoio das forzas vivas de Pontevedra nas súas reivindicacións.
Tras esta primeira protesta manterase un calendario de actos cunha manifestación prevista para o 14 de decembro polo centro da cidade a partir das 20.00 horas. No caso de que a negociación siga sen retomarse, o xoves 22 de decembro iniciarase unha folga indefinida.