Este sábado reabrirase ao tráfico a ponte da Barca
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A empresa Acuaes confirmou por escrito a primeira hora deste venres ao Concello de Pontevedra o fin da obra, o que permitirá restablecer este sábado o tráfico na ponte da Barca nos dous sentidos.
Segundo adiantou o Concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, os valos serán retiradas entre as 9 e as 10 da mañá unha vez que a empresa pública desmonte o operativo en Poio.
A reapertura significará a automática entrada en vigor das novas medidas para reducir o tránsito de vehículos polas rúas Alameda e Echegaray, que estreará a súa nova condición de tráfico restrinxido para servizos e residentes.
Igualmente consolídase o sentido actual da rúa Alfonso XIII en dirección cara á praza de Concepción Arenal.
A nova sinalización está instalada aínda que tapadas cun plástico ata que sexan efectivas todas estas medidas.
MOREIRA FELICITA OS VECIÿOS
O voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, quixo felicitar os veciños de Pontevedra e de Poio "por conseguir que se restituya el tráfico en el Puente de A Barca porque, que nadie se engañe, cuando Lores y Mosquera cerraron el puente su intención era no volver a abrirlo incluso emitiendo un informe de un policía local. Se vertieron toda sarta de mentiras para descalificar la protesta ciudadana".
Moreira indicou que aínda quedan problemas porque se manteñen as restricións de tráfico na zona e manifestou que agarda que esas limitacións poidan ser eliminadas. "Lo que ha hecho con esta medida es intentar vaciar de contenido el pleno con un debate promovido por su socio de gobierno en el que el señor Mosquera se iba a poner colorado", manifestou.
O voceiro popular concluíu: "esperemos que se acaben estas maniobras y manipulaciones que lo que buscan es incrementar el tráfico en el puente de As Correntes, que es un capricho del gobierno local y como no tenía tráfico suficiente pretendían obligar a la gente a pasar por ese puente".