Falece un home en Bordóns tras caerse dunha árbore
Por Redacción
O servizo de emerxencias 112 alertou dun accidente ás 10.22 horas deste xoves no monte da Torre, na parroquia de Bordóns en Sanxenxo.
Segundo informaron dende Urxencias Sanitarias, un home de 63 anos ,vecino de Castrelo, en Cambados, faleceu polas feridas producidas ao caerse dunha árbore.
O 061 mobilizou o helicóptero coa intención de trasladar o home ata o hospital de Santiago, mais non foi necesario ao falecer ali mesmo.
Ata o lugar do suceso trasladáronse efectivos da Garda Civil, Protección Civil e Policía Local.