Comeza a reforma da área infantil da Xunqueira en Ponte Sampaio
Por Redacción
Coa retirada das vellas randeeiras iniciáronse os traballos de reforma integral do parque infantil situado na zona de Xunqueira da parroquia de Ponte Sampaio. O Concello recibiu a aprobación por parte do servizo de Costas para poder executar o proxecto.
A instalación será ampliada e pasará de ocupar os 145 metros cadrados actuais para ofrecer unha superficie total de 225 metros cadrados. Esta decisión, segundo o goberno local, adóptase ante a gran influencia de escolares a este recinto.
A concellería que xestiona Raimundo González Carballo tamén decidiu a retirada do valo actual, que se atopa oxidado. As randeeiras, segundo os técnicos municipais, non eran reparables e decidiuse substituílos. Os bancos de pedra existentes serán retirados durante os traballos para despois reinstalarlos neste espazo.
Ademais, cambiarase o chan actual de caucho; instalarase un valo de madeira de sesenta metros de lonxitude e un metros de altura; ademais de implantar novos elementos dun xogo como un barco, un carrusel giratorio, un minitobogán, un xogo de resorte de dúas prazas e un bambán dobre.
O orzamento total ascende a 48.350 euros, segundo indica o Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Ponte Sampaio inaugurará cunha festa o seu parque infantil remodelado
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Desbloqueada a ampliación e renovación da área infantil da Xunqueira de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Seis anos pendentes de Costas en Ponte Sampaio: a falta de permisos impide mesmo mellorar o parque infantil
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |