Lores despide o estudantado do Erasmus que fixo o mural no lavadoiro de Mourente
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b6f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6373b40f40-recepcion-ticket2europe.jpg)
© Concello de Pontevedra
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este martes ao estudantado de toda Europa que participaron na elaboración dun mural no lavadoiro de Mourente.
O proxecto artístico estivo organizado pola experiencia Ticket2Europe, e enmarcado no programa Erasmus+, cun obxectivo educativo non formal, mesturando ideas, colaborando e traballando coa veciñanza do lugar, procurando que fose unha experiencia interxeracional.
O alcalde preguntoulles pola súa estancia en Pontevedra e por si lles gustara a cidade, ao que algún respondeu que lle gustaría quedar a vivir por tratarse dunha vila tranquila e agradábel. De todos os xeitos, o proxecto rematou este martes e mañá os máis de 30 mozos de cinco países da Unión Europea que participaron nesta experiencia regresarán de volta aos seus domicilios.
O mural creouse da man de Cuco Carrera e mellora a contorna do lavadoiro. Contou co apoio do Concello que ofreceu o material para o mural, así como a empresa Autocares Rías Baixas que ofreceu o transporte nestes días.