Chamamento desde o comedor de San Francisco para a doazón de embutido e pasta
Por Redacción
Os almacéns do comedor de San Francisco recibiron este xoves unha entrega especial de preto dun centenar de quilos de kiwis procedentes da horta do convento de Santa Clara. Unha mercadoría que servirá para enriquecer os menús diarios que entregan a preto de 160 persoas, pero que non serve para paliar as necesidades que esta organización arrastra.
A pesar da valiosa colaboración de particulares, empresas, asociacións e institucións, desde o comedor de San Francisco fan un chamamento para a doazón de pasta e embutido, que son os alimentos que menos abundan nos seus almacéns.
Con esta mercadoría, os voluntarios poderán dar maior variedade aos menús diarios e entregar aos comensais un bocadillo de friame para a hora da merenda ou a cea.
Actualmente, o comedor de San Francisco atende a diario a unhas 160 persoas. Aínda así, hai días nos que se alcanzan picos de máis de 180 menús.
"Cando eu vin para aqui, sobre ou 2007, había unhas 80 persoas. Pero empezou a aumentar ata 160. E ao principio dá crise dá covid-19 houbo días de ata 210", conclúe o exdirector desta institución, Don Gonzalo, que foi relevado recentemente por el padre Humberto González, Tito.