As instalacións de Viveiros O Piñeiro volven converterse nun parque temático do Nadal
Por Redacción
Unha das propostas de Nadal máis agardadas de Galicia volve despois da pandemia. O festival "O Bosque de Nadal" volve ás instalacións do Centro Comercial Viveiros O Piñeiro de Pontevedra para ofrecer unha nova experiencia cun formato renovado, para todos os públicos e todos os sentidos.
Ubicado no kilómetros 6 da carretera a Vilagarcía, desde o venres 11 de novembro e até o día de Reis calquera poderá gozar dos decorados, das visitas guiadas dramatizadas con microteatro e contacontos, das visitas de Papá Noel, da churrería, de elfos animadores, de música ao vivo ou do mellor lineal de productos de Nadal de toda Galicia.
Desde que no ano 2017 o equipo xerente do Centro Comercial Viveiros O Piñeiro e Nelson Quinteiro cruzaran os seus camiños, milleiros de persoas vibran cada ano cun festival navideño que non deixe de superarse.
A unión do aspecto escenográfico, as atmósferas e decorados creados e as propostas artísticas e de animación postas en marcha deron en armar unha experiencia de Nadal para toda a familia difícilmente igualable.
A novidade máis especial deste ano consiste na posta en marcha dun decorado moi especial "No que habitan todos os contos" e para a que deseñaron unha peza exclusiva de microteatro e contacontos moi divertida, participativa e que de seguro fará as delicias de pequenos e maiores. Alí estarán a Bela Durminte, A Ratiña Presumida, O Gato con Botas, A Fada Madriña, O Ratonciño Pérez, Os sete cabritos ou o Flautista de Hamelín.
As visitas guiadas están programadas para cada venres e sábado desde o 11 de novembro en quendas de unha hora. Ás 17, 18 e 20 horas os venres; e ás 11, 12, 13, 17, 18 e 19 horas, os sábados. O prezo das entradas é de 5 euros, con descontos para grupos de polo menos catro persoas.
Tamén organizan actividades escolares con visitas polas instalacións dun viveiro onde habitan todas as plantas, as mascotas, as flores e onde vive Papá Noel.
Relacionadas:
-
O Apalpador visitará 46 concellos da provincia da man do programa da Deputación 'Nadal en galego'
Por Redacción |
-
Sanxenxo acenderá a súa iluminación do Nadal o 3 de decembro con 406 elementos decorativos led
Por Redacción |
-
Plantan trece árbores para darlle sombra ao parque infantil de Médico Ballina
Por Redacción |