Os traballadores das piscinas de Campolongo concéntranse pola redución de xornada
Por Redacción
Un grupo de traballadores das piscinas de Campolongo e delegados sindicais concentráronse na tarde deste martes 10 no exterior das instalacións para protestar pola redución de xornada ao persoal que a empresa levou a cabo hai uns meses.
A concentración convocada polo sindicato CIG estaba dirixida contra Serviocio, a empresa adxudicataria do servizo das piscinas municipais de Campolongo. O sindicato nacionalista denuncia a actitude represiva contra os delegados desta central.
Nos últimos meses, o Partido Popular tamén denunciou medio centenar de deficiencias nestas instalacións e reclamaba a actuación do goberno municipal.