Os doces saen do convento
Por Natalia Puga
Ata o próximo 21 de decembro o primeiro andar da Praza de Abastos de Pontevedra permitirá comprar productos que moi poucas veces están a disposición do público en xeral. Acolle a primeira edición da Feira de Doces de Convento, na que hai á venda turróns, xemas ou mazapáns elaborados por congregacións relixiosas que non comercializan cara ao exterior e que só poden comprarse dentro dos propios conventos.
A feira quedou aberta este martes e pon a disposición dos compradores 78 produtos de repostería de 20 conventos de clausura de toda España. Os máis próximos a Pontevera son as Benedictinas de Cuntis, Santiago e Trasmañó (Redondela) ou as Dominicas de Viveiro (Lugo) e Santiago, pero poden atoparse doces ta alonxados como as Clarisas de Estepa (Sevilla) ou ÿbeda (Xaén) ou pezas de gastronomía tan recoñecidas como os turróns das Clarisas de Ávila.
O vicario de Pontevedra, Calixto Cobo, inaugurou a feira agradecendo a iniciativa da concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, de traer a Pontevedra un evento que permite "endulzar la vida", sobre todo, en épocas tan sinaladas como o Nadal. "Mucha repostería de Navidad está muy unida a la llegada de Cristo, que endulza la vida", sinalou.
O vicario explicou que ningunha das congregacións que elaboran os doces poden asistir á feira porque "son monjas de clausura y esta gente está orando y trabajando" e Carlota Román incidiu que o Nadal "es una fiesta de mesa y mantel en la que se pasa mucho tiempo en la sobremesa" e nese contexto encaixan moi ben doces como os que se poden adquirir no primeiro andar da praza de abastos.
A inauguración da feira contou tamén coa presenza do presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago, e permitiu a Carlota Román explicar que un dos principais obxectivos do evento é dinamizar o primeiro andar do mercado e, en xeral, o consumo neste enclave.
Os prezos dos produtos son os fixados por cada convento e son variados, dende os 4,5 euros das magdalenas das Clarisas de ÿbeda (Xaén), elaboradas co aceite das oliveiras do propio convento, ata os 13 euros das xemas de San Leandro das Agustinas de Sevilla, elaboradas cunha receita de 1763 e tan exclusivas que cada xema require 10 minutos de preparación.
Na feira colaboran os alumnos do módulo de Dinamización Turística do Obradoiro de Emprego de Monte Porreiro, que atenden os stands entre as 10.00 e a 14.30 horas de mañán e de 17.00 a 20.00 horas pola tarde. Á estrea asistiron tamén alumnos da especialidade de Guía Turístico da Escola de Hostalería Carlos Oroza.