Os pontevedreses perden un 39% do seu poder adquisitivo tras a xubilación
Por Redacción
A perda de poder adquisitivo dos pontevedreses a xubilación sitúase en torno ao 39 por cento.
A provincia de Pontevedra é a que menos perda de poder adquisitivo sofre das catro galegas. Na nosa comunidade a porcentaxe sitúase en torno ao 43%.
En Galicia o salario medio mensual ascende a 1.690 euros, mentres que a pensión media mensual da rexión é de 786 euros.
Así o indican os datos publicados pola aseguradora Aviva, que tamén destacou que na comunidade hai 345.919 persoas próximas á xubilación, un 13 por cento da poboación, e que o volume de achegas a plans de pensións en Galicia só representa o 0,48 por cento do PIB galego.