A Policía Local de Sanxenxo localiza un condutor que se fugou tras impactar contra outro turismo
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo localizou o causante dun accidente de tráfico que se fuxiu tras provocar danos noutro turismo. O sinistro produciuse o pasado 26 de novembro en Fonte de Ons, na parroquia de Noalla e como consecuencia do golpe o vehículo causou diversos danos nun turismo da marca Mercedes que se encontraba estacionado na zona.
Os axentes recolleron as pezas correspondentes aos cristais da óptica dianteira esquerda do coche. A partir dese momento, iniciaron unha investigación para encontrar as probas que levaron a encontrar o autor do suceso.
O veciño, de 52 anos de idade e veciño da Revolta, recoñeceu os feitos ante a Policía Local que realizou a correspondente denuncia.