Ano e medio de cárcere para o 'Mad Max' pontevedrés que protagonizou unha fuxida temeraria ata Bueu
Por Redacción
Ano e medio de prisión. ÿ a condena que se lle impuxo a un pontevedrés de 40 anos que, en outubro de 2012, protagonizou unha espectacular fuxida desde Pontevedra ata Bueu. Conduciu de forma temeraria, chegando a circular en sentido contrario e con velocidades de ata 155 km/h en zonas limitadas a 80, poñendo en perigo a vehículos e peóns. Tampouco tiña permiso de conducir e intentou atropelar a un axente da Policía Local.
Na sentenza, ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, declárase probado que este pontevedrés, o 5 de outubro de 2012, circulaba sobre as 13.54 horas pola rúa Manuel del Palacio, onde realizou un xiro prohibido. Tras seren advertido pola Policía Local, deuse á fuga pola Autovía de Marín. Comezou entón unha fuxida temeraria por devandito término municipal, perseguido por un axente motorizado de Pontevedra.
Chegaron ata unha pista da parroquia de Mogor (Marín), onde, segundo reza a sentenza, o condutor fuxido puxo marcha atrás dirixíndose, "co propósito de menoscabar o principio de autoridade e a integridade física", cara ao citado policía municipal que se tirou á beiravía para evitar seren atropelado. Unha acción que provocou danos materiais de 750 euros na súa moto e con varias fisuras nunha das mans do axente, que tardaron 19 días en curarse.
Grazas a esa manobra logrou despistar definitivamente á Policía Local e fuxiu ata Bueu. Non foi ata cinco días máis tarde cando foi localizado polos axentes no seu domicilio particular na cidade de Pontevedra.
Por estes feitos, o xulgado condénalle a seis meses de prisión por un delito de condución temeraria, polo cal tamén se lle inhabilita para conducir durante dous anos, e a un ano de cárcere por un delito de atentado contra a autoridade polo intento de atropelo ao axente, a quen deberá indemnizar con 1.000 euros.
Ademais impónselle unha multa diaria de tres euros durante un ano por conducir sen carné e a outra da mesma cuantía, pero só durante un mes, por unha falta de lesións.