O equipo de petanca "O Carballo" márcase un doblete gañando Liga e Copa
Por Redacción
O equipo de petanca "O Carballo", de Os Campos en Mourente, ven de proclamarse campión por partida doble.
Tras facerse co primeiro posto na Liga de Petanca do Concello de Pontevedra tamén conqueríu a Copa Cidade de Pontevedra, co cal temos que falar de doblete.
A Copa Concello de Pontevedra púxolle o colofón á tempada de petanca 2021-2022 cunha apaixonante final a catro que se disputou nos novos campos do parque da Praza de Europa (en Monte Porreiro) e para a que clasificaron o equipo anfitrión, O Mirador, O Carballo, O Pote (de Os Areáis, de Mourente) e o Petanca Marín.
O torneo estivo organizado pola Agrupación de Petanqueiros de Pontevedra en colaboración coa Concellería de Deportes.
O concelleiro de Deportes, Tino Fernández subliñou que "se hai un deporte que ao longo destes dous ou tres últimos anos tivo un crecemento espectacular en Pontevedra ese é o da petanca, que ata hai non tanto era o grande descoñecido e que pouco a pouco foi entrando dentro da vida das persoas ata converterse como un dos deportes de referencia no noso concello".
En paralelo a un aumento exponencial no número de persoas que practican este xogo, a dotación de campos de petanca pasou de 17 a 26 terreos en tan só un ano, quedando apenas tres parroquias sen pistas propias: Tomeza, Campañó, A Canicouva e Lérez (que tería sen embargo moi próximas as do Burgo).
Relacionadas:
-
O Petanca Alameda, gañador do Trofeo Deputación de Pontevedra
Por Redacción |
-
Habilitarán dúas pistas de petanca nunha leira do Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os mellores equipos de petanca, na Copa Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As pistas de petanca de Monte Porreiro estréanse coa disputa da Copa Pontevedra
Por Manu Otero |