Os sindicatos sitúan o seguimento da folga na sanidade pontevedresa nun 85%, o Sergas nun 25%
Por Anxo Lourido
Os sindicatos sitúan nun 85% o seguimento do persoal da folga na Sanidade en Pontevedra convocada para este luns 9 e para mañá martes 10. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, o seguimento sitúase no 25,64% na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra
Rafael Vázquez de CC.OO. indicou que o paro sanitario se pode considerar un éxito "a pesar dos atrancos da administración que está a poñer e temos que recordar que a folga é un dereito constitucional que non poden violentar unha e outra vez. Estableceron servizos mínimos abusivos e tentaron que o persoal mínimo atendera catro consultas ao mesmo tempo". O representante sindical sinalou que conseguiron paralizar esa imposición coa ameaza de denuncialo no xulgado. Apuntaron, ademais, que nos Hospitais de Pontevedra a actividade cirúrxica salvo a oncológica se encontraba parada e só aténdense cuestións urxentes. En canto ás consultas, as fontes sindicais apuntan a que están semi paralizadas e só interveñen os servizos mínimos.
A xornada estase a desenvolver sen incidencias, segundo a información facilitada pola propia consellería. Dende os sindicatos indicábase que os usuarios entenden os motivos desta folga. Rafael Vázquez sinalaba na concentración que os representantes sindicais e traballadores do hospital protagonizaron ao mediodía ante as portas do Provincial que "todo está sendo atendido cando se trata de temas urxentes. ÿ unha folga non para reivindicacións propias senón porque se consentimos o que está a pasar en catro anos non coñecemos á sanidade pública neste país".
Por este motivo, Xermán Rouco da CIG animaba os cidadáns a participar na manifestación convocada para este martes ás 20 horas e que partirá do Hospital Provincial, "a sanidade pública está en perigo. Queren a pública de beneficencia e a privada para que a xente pague". Carmen Revenga de Cems-Omega sinalou que "convocamos a una marea blanca. No se pueden respaldar en la crisis para desmantelar la sanidad porque han creado una nueva subdirección general. Que gestionen bien los servicios públicos, que inviertan en primaria y que dejen de hacer las chorradas que hacen".
Rafael Vázquez indicou que "os traballadores entenderon que non é unha folga por cartos nin por condicións de traballo. ÿ porque aos nosos fillos non lles queremos deixar unha sanidade para pobres e outra para ricos" e, a continuación, reclamou a todos os que se encontraban concentrados ante o Hospital Provincial que este martes participasen na marcha de protesta.