A estrada PO-308 estrea nova parada de bus en Laño
Por Redacción
As obras de acondicionamento da parada de autobús situada na estrada autonómica PO-308 en Laño, en Poio, xa está rematada.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou os traballos, que supuxeron un investimento de máis de 32.000 euros e consistiron no acondicionamento da zona da nova localización desa parada.
A parada trasladouse da súa localización anterior no punto quilométrico 9+460 ata a contorna do punto quilométrico 9+400, no ámbito da cuña de desaceleración existente.
Tamén se deu continuidade ao itinerario peonil na marxe dereita da estrada autonómica coa construción dun novo tramo de senda.
Dispúxose pavimento táctil de botóns e direccional nos vaos peonís e a presenza da parada de bus advírtese agora con pavimento podotáctil.
Ademais, habilitouse un novo paso de peóns no quilómetro 9+340 da estrada PO-308 para comunicar os itinerarios peonís das dúas marxes da vía con seguridade.
Aproveitouse a intervención para colocar nova sinalización horizontal e a execución, baixo a senda, dunha gabia para a instalación de canalizacións de telecomunicacións.
Relacionadas:
-
A nova PO-308 entre A Barca e Porteliña: sen semáforos, con lombos, beirarrúas máis amplas, mellores servizos e máis seguridade
Por Manu Otero |
-
Laño estreará moi pronto a nova marquesiña na PO-308 para o autobús
Por Redacción |
-
A parada de autobús de Laño, con nova localización e maior seguridade
Por Redacción |
-
Nas vindeiras semanas reubicarase a parada de autobús na Travesía de Laño
Por Redacción | Creada e actualizada