Andaina cardiosaudable de Montecelo aos Milagres de Amil para pacientes e profesionais de Rehabilitación Cardíaca
Por Redacción
Ao redor de cincuenta pacientes, acompañados por dous cardiólogos, un médico rehabilitador, unha enfermeira e tres fisioterapeutas da unidade de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) realizarán este venres 21 de outubro unha camiñada cardiosaludable que partirá da rotonda do Hospital Montecelo ás 09.00 horas en dirección aos Milagres de Amil, no municipio de Moraña.
O roteiro realizarase con vehículos de apoio por unha senda marcada polos profesionais da unidade coa intención de axustarse ás capacidades físicas dos participantes. Esta unidade de Rehabilitación Cardíaca entrou en funcionamento en marzo de 2021 na área sanitaria e atende a 200 pacientes que presentan patoloxías cardiolóxicas. Os pacientes participantes superaron probas de ergometría e esforzo previamente baixo a supervisión do persoal especializado.
Na área sanitaria aténdense máis de 350 casos anuais de cardiopatías isquémicas, segundo indican desde o servizo de Cardioloxía do CHUP. A unidade de Rehabilitación Cardíaca incrementa a calidade de vida dos enfermos e colabora a mellorar os prognósticos.
Para desenvolver este traballo asistencial coordínanse con Rehabilitación, Enfermería e Fisioterapia que aplican técnicas multidisciplinares e tamén cos servizos de Cardioloxía e de Medicina Física do Complexo Hospitalario.
Relacionadas:
-
97 persoas participan na segunda andaina cardiosaudable con 12 quilómetros de percorrido
Por Redacción |
-
Montecelo contará en 2023 cunha sala exclusiva de hemodinámica para control cardiovascular por cateter
Por Anxo Lourido |
-
Montecelo estrea unha unidade de rehabilitación cardíaca
Por Alejandro Espiño |