Confrarías e depuradoras reclaman máis precisión nos peches por marea vermella e un seguro que cubra o custo de devolver marisco ao mar
Por Redacción
Ante a prolongada presenza de toxinas que condena aos bancos de marisqueo e aos polígonos de bateas, representantes da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e da Asociación de Empresas Depuradoras de Moluscos (Agade) acordaron reclamar á Consellería do Mar unha serie de medidas excepcionais.
Á reunión, celebrada en en Conxemar asistiron por parte da Federación Provincial o seu presidente e secretario xunto cos patróns maiores de Cambados, Lourizán, Redondela e A Illa de Arousa; por parte de AGADE asistiron o seu presidente, o secretario xeral e membros da Xunta Directiva.
En primeiro lugar piden á Consellería máis precisión nos peches pola marea vermella, subdividiendo zonas para poder traballar alí onde non hai afectación.
Ademais reclaman un seguro que cubra o custo de ter que devolver ao mar o produto extraído coa debida autorización, pero recolleito dunha zona pechada posteriormente polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar). Para a habilitación deste seguro podería seguirse un modelo similar ao xa establecido pola Consellería para o Seguro de Mal Tempo.
Tamén queren reunirse coa directora do Intecmar para, entre outros asuntos relacionados cos episodios tóxicos, dispoñer dunha análise detallada da dinámica do actual episodio e as previsións con respecto á súa evolución, criterios para determinar as mostraxes e analíticas segundo as distintas especies de moluscos presentes en cada zonas de produción, condicións de aplicación dos peches cautelares, que posteriormente serán trasladadas aos asociados da Federación e de Agade.