A señorita Carmiña é a nova protagonista do TikTok de Helena López
Por Redacción
Chega un novo vídeo ao programa A Memoria das Mulleres da man de Helena López (@cousasrarismas).
Nesta ocasión, a protagonista do TikTok é a señora Carmiña, onde Helena realiza un retrato a color da mesma e onde resume a súa biografía. En menos de 24 horas, o vídeo xa conta con máis de 3.500 reproducións.
"A señorita Carmiña mantense na memoria daqueles que a coñeceron como unha muller de armas tomar, adiantada ao seu tempo, moi culta, de bo corazón e de estilo salvaxe", explica López na descripción do seu vídeo, achegando e divulgando a figura dunha muller que nadou contra corrente nunha época gris, mais na que logrou ser fiel as súas cores.
O proxecto A Memoria das mulleres naceu en 2013 da man do Concello de Pontevedra e ten como finalidade construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.
Deste xeito, o pasado mes de abril, dentro de A Memoria das Mulleres, a concellería de Patrimonio e Memoria Histórica puxo en marcha un ciclo de creación e divulgación de pezas audiovisuais da man de tres creadoras galegas. Nesta ocasión, María Rúa (@pradorua), Helena López (@cousasrarismas) e Sara Seco (@sarasecorial) foron as escollidas para divulgar as diferentes biografías de mulleres presentes na web www.dogrisaovioleta.gal.
Relacionadas:
-
Un mapa permitirá coñecer a pegada da Memoria das Mulleres nas rúas da cidade
Por Anxo Lourido |
-
Finaliza a campaña en TikTok sobre a biografía de mulleres pontevedresas
Por Anxo Lourido |
-
Ángeles Ruibal, protagonista do Tik Tok de María Rúa no marco do programa A Memoria das Mulleres
Por Redacción |
-
As mulleres do mar de Pontevedra 'conquistan' TikTok da man de Sara Seco
Por Redacción |
-
Chelo Loureiro, Paula Cons e Lucía Catoira, premios "Mulleres no foco 2022"
Por Redacción |
-
O CIM de Sanxenxo quenta para o 25-N con talleres sobre igualdade e empoderamento feminino
Por Redacción |
-
Un vídeo da Memoria das Mulleres repasa o labor das primeiras actrices galegas a comezos do século XX
Por Redacción |
-
A vida da curandeira Rosa Malvar Sanmartín, contada en TikTok por Sara Seco
Por Redacción |