En marcha as obras de reforma eléctrica no colexio do Telleiro
Por Redacción
A Consellería de Educación, a través da xefatura territorial en Pontevedra, comezou as obras de reforma eléctrica no colexio do Telleiro, en Noalla.
A actuación está valorada en 36.770 euros e comezou a realizarse tras a inspección habitual que realiza o Concello en relación ao mantemento dos colexios públicos do municipio para garantir a seguridade e o perfecto funcionamento das instalacións.
Na revisión realizada pola empresa Enmacosa detectaron circuítos eléctricos sen protección electromagnética, así como equipos de iluminación de emerxencia e proteccións diferenciais que non funcionaban correctamente.
Segundo avanzou o Concello, os traballos están a realizarse pola tarde para non entorpecer o ritmo escolar e teñen un prazo de execución de dous meses.
O colexio de O Telleiro é o último que se someteu a unha obra de reforma tras o da Florida, Portonovo, Magaláns e Nantes.
Nesta obra, indican desde o goberno municipal, non se incluíu o vello colexio do Cruceiro xa que teñen previsto o novo centro no Revel. As inspeccións volverán repetilas polo mesmo orde cada ano, facéndose cargo das reparacións ou reformas a Xunta se se consideran obras estruturais ou o Concello se son pequenos traballos de mantemento.