A CIG revalida a maioría absoluta nas eleccións sindicais de Treves
Por Redacción
A central sindical CIG revalidou a maioría absoluta en votos e delegados na empresa do sector da automoción Treves de Pontevedra nas eleccións celebradas o pasado martes 27.
Deste xeito, a central nacionalista conta de novo con 6 representantes no comité de empresa, fronte aos 2 da UGT e 1 independente.
A candidatura da CIG sumou un total de 82 votos no colexio de especialistas e a UGT contabilizou 30. No colexio de técnicos e administrativos concorreron unha candidatura independente (9 votos) e Comisións Obreiras (6 votos), polo que a central estatal perdeu o delegado que obtivera no proceso anterior en detrimento da candidatura independente.
Dende a CIG valoran de xeito moi positivo este resultado nunhas das principais empresas da automoción da comarca de Pontevedra, "sobre todo tendo en conta o apoio da empresa ás outras candidaturas en un contexto de incerteza pola carga de traballo e en plena negociación do convenio".