Investigadores do Grove buscarán como minimizar a interacción das candorcas cos veleiros
Por Redacción
Os 'ataques' das candorcas aos veleiros son, en realidade, un xogo dos cetáceos "na súa aprendizaxe como depredadores". Así o defenden os investigadores do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) de O Grove, que están a traballar para minimizar esta interacción.
Será un labor que realizarán en colaboración coa Xunta de Galicia, que a través de Portos de Galicia, quere impulsar fórmulas que potencien o coñecemento e a prevención para facer fronte a esta problemática, entre elas accións disuasorias ou sistemas de alerta.
Susana Lenguas, presidenta deste organismo, manifestou o seu interese nesta situación e o seu impacto na actividade náutico-recreativa, xa que os xestores dos portos deportivos teñen constatado unha maior preocupación dos navegantes por esta cuestión.
Nunha xuntanza do director do BDRI, ambos coincidiron en que se trata dun fenómeno recente -os primeiros casos foron rexistrados en 2020- que ten especial incidencia na franxa atlántica, entre o estreito de Xibraltar e a costa galega.
Desde entón teñen proliferado os encontros destes cetáceos con navegantes a vela dado que a época do ano na que as candorcas recorren estas augas se desprazou, coincidindo coa maior actividade náutica en toda Galicia.
Na reunión púxose tamén de manifesto o incremento da natalidade na colonia de candorcas o pasado ano, unha especie que está protexida e en perigo de extinción e da que se estima que existen en torno a 80 exemplares entre Xibraltar e o Reino Unido.
Relacionadas:
-
Unha mostra do CEMMA en Vilagarcía invita a coñecer mamíferos mariños e tartarugas das Illas Atlánticas
Por Redacción |
-
Lanzan unha aplicación móbil para o rexistro de avistamentos de candorcas en tempo real
Por Redacción |
-
RADIO.- "As candorcas non teñen intención de destruír a pesar de que nalgunha interacción con barcos rompan algo"
Por Marisa Ciordia |
-
Se se atopa cunha candorca, ante todo moita calma
Por Oskar Viéitez |
-
As orcas que atacaron veleiros en Galicia fixérono tras un incidente cun barco no Estreito
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Tres candorcas atacan e rompen o temón dun barco de vela
Por Oskar Viéitez |