Catro expertas en autocoñecemento traen a Pontevedra a Escola da Vida
Por Redacción
Chega a Pontevedra a I Escola da Vida, un obradoiro promovido por catro expertas en autocoñecemento para apoiar e acompañar ás persoas nos procesos de cambio e mellora persoal.
Un obradoiro vivencial introductorio e seis máis compoñen este primeiro ciclo que empeza o 19 de novembro na Coruña e rematará o 26 en Pontevedra.
Este tipo de traballo experiencial está pensado para grupos reducidos, como máximo 15 persoas, podendo chegar a 20 en casos excepcionais.
O equipo promotor e organizador, segundo explicaron, leva varios meses explicando o proceso a través das redes sociales xa que, para eles, é importante facer reflexións previas, en canto ao momento e lugar no que se está a nivel económico, emocional, laboral, familiar, de ocio e tempo libre, autocoidado... etc.
Este tipo de talleres comeza de forma suave cunha actividade na que escoitarán as persoas que as acompañarán durante o proceso para despois ir as presentacións ou o 26 de novembro en Pontevedra ou o 19 na Coruña.
Desde a organización recalcan que este vai ser o paso crucial para tomar a decisión de formalizar a matricula deste primeiro curso da primeira promoción.
A proposta, explican, "é viaxar xuntas" durante os seis meses que duren os encontros. Serán seis de 8 horas, 48 horas presenciais, 180 dias, en total 4320 horas de autocoidado e autoformación para a vida, cun custo de 90 euros por obradoiro.
Na Escola da Vida, darán "os pasos para reencontrarse co corpo, conectados e conscientes, visitando os autoconceptos cos que se vive, os dons, o que nos falta o que nos sobra e como transformar, manter e suprimir aquelo que nos fai felices ou infelices".
A maiores, a proposta ten titorías individuais e recomendacións de procesos terapeuticos adaptados a cada persoa, partindo da base de que cada persoa ten un camiño único e irrepetible, que poucas veces se pode facer en soidade e que sempre se multiplica en benestar cando se percorre en grupo.
Como novidade, a Escola da Vida propón dous anos de estudo e autoanálise para despois iniciar un terceiro que pode durar ata que a persoa decida. Esta última parte será gratuíta si se participa nos dous primeiros anos e se crea un grupo con capacidade para continuar camiño guiado coa técnica da intervisión.