Atopan unha bolsa con tres quilos de haxix oculta baixo unas rochas en Chancelas
Por Redacción
A Policía Local de Poio iniciou unha investigación para localizar á persoa que, nos últimos días, ocultou baixo unhas rocas unha bolsa con tres quilos de haxix.
O achado produciuse o pasado 20 de setembro, grazas á colaboración cidadá.
A droga, que estaba en formato tableta e envolta en plásticos, atopábase escondida no interior dunha parcela situada no Camiño Real, en Chancelas.
Cada envoltorio estaba 'decorado' coa cara de Pablo Escobar, o coñecido narcotraficante colombiano, baixo o apelativo de "patrón".
O valor que tería no mercado o haxix incautado é duns 4.000 euros.
Á persoa responsable deste alixo, en caso de ser localizada, investigaralla por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.
Tras as primeiras dilixencias realizadas pola Policía Local, as investigacións continuarán da man da Garda Civil.
Relacionadas:
-
Unha condutora interceptada en Chancelas sextuplica a taxa de alcohol permitida
Por Redacción |
-
Tres detidos nunha operación antidroga no Salnés
Por Redacción |
-
Detidos por tráfico de drogas dous pontevedreses de 48 e 50 anos
Por Oskar Viéitez |
-
Alertan da presenza dun sospeitoso en San Xoán e resulta ser un mozo fuxido por un roubo en Barcelona
Por Redacción |