Dous mozos deberán indemnizar a Vilagarcía por esnaquizar un sinal de tráfico e unha papeleira
Por Redacción
Un mozo que no ano 2009 encaixou un coche roubado contra un sinal de tráfico e outro mozo que en mayo deste ano 2013 colleu unha cadeira da zona TIR e golpeou unha papeleira ata esnaquizala deberán indemnizar ao Concello de Vilagarcía polos danos ocasionados.
Estas dúas indemnizacións son resultado de dúas sentenzas recentemente dictadas por xulgados vilagarcianos por actos vandálicos no mobiliario urbano municipal. O Concello evalúa "moi positivamente" ambos fallos xudiciais que se suman a outros anteriores no mesmo sentido e confía en que "teñan efectos disuasorios" e "sirvan para concienciar sobre o respecto ao patrimonio público".
Estas dúas sentenzas son resultado das denuncias presentadas polo Concello por actos vandálicos e danos e obrigan aos dous responsables a repoñer o sinal de tráfico e a papeleira danadas e a asumir as costas do proceso xudicial.
A primeira sentenza conclúe que en mayo de 2009 E.P.G. encaixou contra un sinal de tráfico o vehículo que conducía, e do que se apoderou previamente. En materia de responsabilidade civil, o xuíz condenou ao condutor a indemnizar ao Concello con 151,56 euros e os intereses que correspondan.
O segundo fallo responde a feitos producidos o 1 de maio de 2013, cando, segundo varias testemuñas, C.L.F utilizou unha cadeira da zona TIR para golpear unha papeleira ata esnaquizala. A denuncia presentada a través do ateigado instruído pola Policía Nacional resólvese nunha sentenza que lle obriga a abonar ao Concello os 196,02 euros nos que estaba valorada a papeleira. Tamén se condena ao acusado a pasar 10 días baixo localización permanente.