Un accidente con dous feridos dificulta a circulación en Nanín
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico acontecido na mañá deste martes na estrada PO-308 á altura de Nanín, Sanxenxo.
A colisión de dous vehículos, minutos despois das 11:00 horas, obrigou a cortar un carril de circulación en dirección Pontevedra dificultando o paso do tráfico rodado, segundo informa Emerxencias de Sanxenxo.
Segundo o 061 as persoas feridas M.B.G. F., de 38 anos, e Y.V.G, de 24 anos, foron trasladadas ao Hospital Domínguez.
Ao lugar acudiron, ademais de efectivos de Emerxencias, persoal da Policía Local, Garda Civil e 061, trasladando estes últimos aos dous feridos a dependencias hospitalarias.