Novembro deixa unha suba do paro de 1.159 persoas na provincia de Pontevedra
Por Redacción
Pontevedra é a provincia galega na que máis se incrementou o paro no mes de novembro, con 1.159 persoas máis anotadas nas listas de emprego, para un total de 108.339 desempregados.
A cifra inteanual de demandantes de traballo reflicte non obstante unha caída de 1.572 persoas menos en relación ao mes de novembro do ano 2012.
En canto a Galicia no seu conxunto o número de parados subiu en 2.629 persoas. Así, a comunidade pechou novembro con 270.854 persoas buscando un traballo.
Pola contra o paro caeu por primeira vez en España nun mes de novembro dende hai 17 anos, cando os servizos públicos de emprego empezaron a serie histórica. O número de desempregados reduciuse en 2.475 persoas, pechando novembro con 4.808.908 desempregados, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Relacionadas:
-
Pontevedra rompe a tendencia á alza da provincia e pecha decembro con 200 parados menos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Outubro deixa 4.262 parados máis nas listas de desemprego da provincia de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
239 parados máis no concello de Pontevedra e 13 menos en Vilagarcía durante o mes de setembro
Por Redacción |
-
Pontevedra acumula o sexto mes de descenso do desemprego, con 1.128 parados menos en agosto
Por Natalia Puga |