Cancelada a Foliada Diversa pola previsión de chuvia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As previsións meteorolóxicas anuncian chuvias para o domingo 11 e a concellería de Igualdade, ante esta circunstancia, decidiu adiar a Foliada Diversa, un acto previsto para a mañá deste domingo 11 de setembro no Campiño de Santa María.
O departamento que dirixe Yoya Blanco sinala que se trasladará a unha nova data aínda por determinar.
Este evento que forma parte da programación dos Vermús de Pinto e Maragota ía realizarse coa colaboración da Asociación Cultural Trépia, coa intención de unir elementos da tradición cultural de Galicia con reivindicacións a favor da diversidade.