A asociación veciñal de Eduardo Pondal prepara unha festa no parque do Gafos
Por Redacción
O sábado 17 de setembro, o Parque do río do Gafos será escenario dunha festa veciñal que organiza a asociación veciñal Eduardo Pondal.
As actividades comezarán ás 17.00 horas cun encontro de palilleiras na rúa, que se alongará ata as 19.00 horas. Ao mesmo tiemmpo, tamén se desenvolverá unha competición de xogo tradicional de chave. O torneo estará aberto a todo o público que se achegue e queira participar.
A partir das 19.00 horas está previsto unha degustación de chourizos ao viño e empanadas dentro dunha Foliada aberta a todas as persoas que queiran achegarse a esta iniciativa cidadá que busca retomar os encontros entre a veciñanza.