Xeve recupera o harmonio centenario da súa igrexa parroquial
Por Redacción
Cunha campaña de subscrición popular e a venda de tarxetóns conmemorativos, os veciños de Santa María de Xeve están a financiar os traballos para a rehabilitación do harmonio centenario da súa igrexa parroquial.
Estes labores de recuperación, que se fixeron en Cambre (A Coruña) por Luis Ares Esmorís, permitiron darlle unha nova vida a este instrumento musical, que ten máis de 120 anos e foi fabricado pola compañía parisina H. Christophe & Etienne.
Agora, baixo a dirección musical de Fernando Ruibal estase a confeccionar un programa para a realización dun concerto, aínda sen data, que se realizará na igrexa parroquial de Santa María de Xeve para que todos poidan escoitar de novo as notas do harmonio.
As persoas que queiran aportar a súa axuda aínda poden facerse cunha das últimas unidades dos tarxetóns, imprescindibles para poder asistir ao futuro concerto.
Para poder facerse cunha destas 'entradas' pódese chamar ao teléfono 722 844 872.