O espírito de Mercury sobrevoa Raxó
Por Redacción
No escenario situado na parroquia de Raxó soaron algúns dos éxitos máis aclamados de Queen durante este xoves 25 dentro da programación da Festa do Mar. A banda tributo Doctor Queen ofrecía temas lendarios que fixo populares nos anos setenta e oitenta o grupo liderado polo desaparecido Freddie Mercury.
Numeroso público asistía a este segundo concerto organizado con motivo desta edición da Festa do Mar en Raxó, despois da actuación da orquestra Olympus. Este venres as actividades trasládanse a Combarro. Alí espérase a chegada das gamelas e embarcacións tradicionais que, durante toda a fin de semana, participarán na concentración clásica xa nestas datas. Nesta ocasión poderanse ver os barcos fondeados na contorna da Praza dá Chousa.
Ademais, este 26 de agosto tamén comeza o Festival Armadiña Rock coas actuacións de Desakato; Mj Pérez + Banda; O Cadelo Lunático; Llegamos Tarde Dj Set; A Banda do Patio e Obradoiro O Galpón Lab.
A cita musical inclúe propostas para o público infantil, ademais dunha zona de acampada libre na Seca.
Relacionadas:
-
Música de Disney e de ABBA para despedir as Festas do Mar por todo o alto
Por Redacción |
-
Combarro presume de cultura mariñeira na xornada grande da Festa do Mar
Por Redacción |
-
Brincos eléctricos na apertura do Armadiña Rock
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Máis de 30 embarcacións tradicionais participan esta fin de semana na concentración de Combarro
Por Redacción |
-
O público de Raxó volverá saltar na noite deste xoves con Dr. Queen na Festa do Mar
Por Redacción |