Sancionan dous mozos por causar altercados en senllos locais de hostalería en Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía interveu en dous enfrontamentos rexistrados en establecementos hostaleiros da cidade que deron como resultado a detención dun mozo e a denuncia por alcoholemia positiva ao volante a outro.
Os axentes tamén atenderon un accidente de tráfico acontecido ás 23.30 horas do xoves cando un condutor con síntomas de embriaguez se levou por diante co seu coche un farol do alumeado público na avenida Rodrigo de Mendoza. Segundo as pescudas realizadas, o home de 56 anos xa se tiña empotrado minutos antes con outro poste da luz na estrada de Castroagudín.
O primeiro incidente do día producise este venres ás 7 da mañá cando a Policía foi alertada dun incidente entre varias persoas nun establecemento de comida rápida situado na zona portuaria. Segundo as declaracións das testemuñas, o altercado comezou cando o individuo de 20 anos, tratou de saltarse a cola das persoas que esperaban a pé para ser servidos, colándose polo McAuto co seu coche. O resto da clientela que veu a xogada empezou a recriminalo, situación que derivou nunha pelexa. Por estar implicado no incidente e ademais ir conducindo, se lle practicou a proba de alcoholemia, na que dou positivo cunha taxa de 0,72. O mozo foi denunciado contra un delito contra a seguridade viaria a resolver por xuízo rápido.
A segunda detención tamén se produciu na mañá deste venres, neste caso nun bar da zona de As Carolinas. Foi o responsable do establecemento o que chamou á Policía porque un mozo de 22 anos que tiña realizado varias consumicións de almorzo se negaba a aboar o importe das mesmas. Aínda na presenza dos axentes, o home mantivo a negativa a pagar, alterándose e comezando a insultar ao camareiro primeiro, e despois aos axentes, aos que chegou a enfrontarse fisicamente, razóns pola cal foi detido.
Relacionadas:
-
Un condutor sae ileso despois de despeñarse co seu camión en Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
Un detido por agredir a súa parella, unha intoxicación grave e un taxista que multiplicaba por seis a taxa de alcol
Por Oskar Viéitez |
-
Doce condutores positivos en alcol e sete intoxicacións etílicas na noite da Festa da Auga
Por Redacción |
-
A Policía Local incauta 520 artigos supostamente falsos a un ambulante que vendía sen autorización
Por Redacción |