Sanxenxo amplía o seu persoal coa contratación temporal de 21 parados
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo acaba de incorporar de forma temporal ao persoal municipal a un total de 21 persoas desempleadas que desenvolverán o seu labor nas áreas de Obras e Servizos. Os últimos empezaron este venres e son 15 peóns contratados por un período de seis meses que ao longo de 25 horas semanales reforzarán os departamentos de Parques e Xardíns, Limpeza de Praias e Servizos Xerais.
A selección destes traballadores levouse a cabo a través do Servizo Público de Emprego atendendo aos principios de mérito e capacidade, entre aqueles inscritos como demandantes nos epígrafes de peón de horticultura-jardinería, obras públicas, forestal ou agrícola.
Os novos contratados prestarán servizos de carácter xeral e social no municipio colaborando cos labores de acondicionamiento, limpeza, mellora de zonas medioambientales, de conservación e mantemento das infraestructuras e reposición e adecuación dos arenales do litoral, entre outros.
A Administración sanxenxina contratounos tras obter unha subvención da Deputación de Pontevedra. O concelleiro delegado desta área, Salvador Durán, felicitou á Administración provincial por poñer en marcha un programa que "favorece que a inserción laboral de persoas desempregadas, o cal redunda na mellora da situación das súas familias".
As outras seis persoas incorporáronse a principios de mes para traballar no Concello de Sanxenxo a través do convenio de cooperación subscrito coa Xunta de Galicia. Neste caso, os contratos teñen unha duración de dous meses a tempo parcial.