Preto de 400 persoas xa están inscritas no Lérez Up, o salón de videoxogos e cultura friki

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© https://gamingtroop.es/lerezup/

© https://gamingtroop.es/lerezup/
O Recinto Feiral converterase a última fin de semana deste mes de agosto nun salón de videoxogos e de cultura friki. A asociación Gamingtroop encárgase de organizar o evento Lérez Up, que atraerá a centos de persoas ata a cidade para participar das actividades que se desenvolverán nas instalacións do Pazo da Cultura.
Este mércores, Rocío Fernández, Antón Carballo e Sonia Piñeiro, da asociación Gamingtroop, acompañdos polo concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presentaban a programación deste evento que xa conta con preto de 400 persoas apuntadas para participar..
Espérase que a esta cita, durante o 27 e o 28 de agosto, acudan fans dos videoxogos e da cultura nipoa, manga e anime para participar nos diferentes torneos, xogos de mesa, concursos e sorteos que se desenvolverán no Recinto Feiral, onde haberá consolas e ordenadores para participar nas distintas actividades, nas que non faltarán actuacións musicais.
Dentro desta cita xa se atopa en marcha unha competición do xogo League of Legends, con 130 persoas participnado nas súas fases previas a través de plataformas dixitais. A final desenvolverase durante esa fin de semana en Pontevedra, igual que a de Valorant.
Smash Bros Ultimate, con máis de 100 participantes e inscricións abertas ata o domingo 21, tamén se celebrará durante esa fin de semana para converterse no torneo máis grande celebrado deste xogo, organizado con xogadores procedentes de toda España e Portugal, segundo explico Oubiña, para anunciar que estarán presentes xogadores do top 50 do Smash Bros.
Haberá tamén máis de medio centenar de postos de creadores e artistas locais onde se presentasen as súas propostas. Neste encontro terá especial relevancia o Cosplay, con profesionais de modelaje e costura para ofrecer a súa propia perspectiva dos seus personaxes favoritos desta cultura. Un xurado especializado avaliará a vestimenta e actuación de cincuenta participantes, previstos nesta primeira edición. Ademais daranse cita artistas da ilustración como Snip Snip, colaboradora de grandes axencias e distribuidoras, e outros profesionais relacionados con este sector. Ofreceranse charlas aos asistentes sobre diferentes cuestións vinculadas a este universo friki.
O recinto atoparase dividido en diversas zonas con consolas e pcs con distintos torneos en marcha; zonas de mesa con xogos libre ademais de talleres centrados en xogos de cartas magic; zona específica de Smash Bros; outra gaming para xogo libre; unha retro indie con outras alternativas de xogo; unha de construción con actividades de desafío; entre outras opcións sen esquecer un espazo para o descanso dos participantes.
A idea da organización é que acuda público de todas as idades para coñecer o fascinante mundo que se move ao redor destas propostas de lecer, segundo explicaban na presentación.
A inscrición para determinadas actividades continúa aberta e as entradas atópanse á venda de maneira anticipada a través da páxina web de Lérez Up. Tamén se poden adquirir presencialmente en Percalandia ou no propio Recinto Feiral durante o Lérez Up. O prezo é de tres euros cada día, coa posibilidade de adquirir un bono por catro euros para as dúas xornadas.