Acuaes finalizará antes de Nadal as obras na Barca e en outubro en toda a marxe dereita da ría
Por Alejandro Espiño
As obras de Acuaes avanzan a bo ritmo e vanse cumprindo os prazos marcados inicialmente. ÿ a conclusión principal que se extrae da reunión da comisión de seguimiento do proxecto para o novo abastecemento de auga para Pontevedra e os concellos da ría. A sociedade estatal calcula que, se non se producen imprevistos, esta infraestrutura estará completa en decembro de 2015.
Segundo indicou a directora territorial de Acuaes, Isabel Pérez Espinosa, as obras da marxe dereita da ría, que afectan a Pontevedra, Poio e Sanxenxo, estarán finalizadas en outubro de 2014. Actualmente hai abertos once taxos de obra, cinco dos cales son con gabia, mentres que o resto aproveita as canalizacións xa existentes, "que es más económico porque hay menos obra civil y más ecológico porque reaprovechamos el material".
Ademais, están construíndose xa os depósitos de Dorrón e Buezas (Sanxenxo) e chegouse a un acordo coas mancomunidades de montes de Lérez e Mourente para os seus respectivos depósitos. Tamén se está actuando na ampliación que necesita a estación potabilizadora de Lérez para asumir o novo abastecemento.
Con respecto ás obras máis sensibles, as que se executan na contorna da Barca, Pérez Espinosa adiantou que concluirán "antes de Nadal" e que se esperará a logo das festas para comezar en Domingo Fontán. Prometeu, a suxestión do Concello de Pontevedra, que se trasladará calquera información sobre previsións de obras e cortes de tráfico "con tiempo suficiente" aos concellos "porque sus vecinos están directamente afectados".
Nuns meses estes traballos coincidirán cos que deben executarse na marxe esquerda da ría para abastecer a Marín e Vilaboa. Estas obras, licitadas inicialmente por 10 millóns de euros, serán adxudicadas en marzo, salvo as que afectan a Marín que serán reformuladas a petición do goberno municipal. A previsión é que poidan comezar "antes del verano", segundo a directora territorial de Acuaes.
Este proxecto, que ten un orzamento global de case 40 millóns de euros, finánciase a través de fondos FEDER (70%), os concellos de Pontevedra, Marín, Sanxenxo, Poio e Vilaboa (15%), dos cales os dous últimos fano a través dun crédito, e Acuaes (15%), aínda que neste caso os concellos terán un prazo de 45 anos para devolver dito investimento.
Relacionadas:
-
Reducen a "servizos" o tráfico en Alameda, Echegaray e Alfonso XIII para limitar a saída á ponte da Barca
Por Anxo Lourido |
-
O PP esixe a Lores que abandone a súa "obsesión" coa Barca e reabra a ponte nuns días
Por Alejandro Espiño |
-
Un novo cálculo de Acuaes aforrará a Pontevedra 210.000 euros nas obras de subministro de auga
Por Redacción |