Susto en Canelas ante as dificultades para extraer un neno dun buraco na area
Por Redacción
Os bañistas que se atopaban na praia de Canelas en Sanxenxo durante a tarde deste martes quedaron sorprendidos ao comprobar que un neno de ao redor de dez anos quedaba atrapado na area e era incapaza de saír do buraco que creara mentres xogaba na zona da beira do mar.
Segundo testemuñas presenciais varios particulares dos negocios de hidropedales e do chiringuito utilizaron pas para facer buracos coa intención de extraelo da area sen causarlle dano. Ata seis persoas tentaban realizar a evacuación do menor, segundo as mesmas fontes.
A situación complicábase debido á subida da marea e iso causou nerviosismo entre os bañistas, que chegaron a poñerse en contacto coa Policía Local e o servizo de socorrismo. Finalmente non foi necesaria a súa intervención porque o neno foi liberado ao redor das 19.30 horas sen sufrir danos físicos..