A rúa Alejandro Cerecedo de Vilagarcía, cortada ao tráfico os martes e sábados pola mañá ata o 21 de agosto
Por Redacción
A rúa Alejandro Cerecedo, en Vilagarcía de Arousa, cortarase ao tráfico os martes e sábados pola mañá pola celebración do mercado ambulante ata o 21 de agosto.
O obxectivo deste peche é facilitar que os vendedores situados en Alexandre Boveda poidan manterse nesta zona o maior tempo posible para aproveitar mellor a tempada de rebaixas.
A medida porase en marcha este martes 2 de agosto e manterase ata pasadas as festas de San Roque, o día 21. En total serán cinco as xornadas nas que a rúa se cortará polas mañás dende no cruzamento con Doutor Tourón, posto que o martes 16 é festivo local e non hai mercado.
Só se poderá circularse en coche por Alejandro Cerecedo para entrada e saída a garaxes e labores de carga e descarga.
A medida vén dada como consecuencia da execución das obras de humanización de Arcebispo Lago que se iniciaron o pasado 18 de xullo e que obrigaron a pechar esta rúa á que, como no caso anterior, só poderán acceder os coches que vaian a garaxes e os transportes de reparto de material.
Nestes casos, lémbrase que a entrada debe realizarse a través da Praza Doutor Carús e Rúa O Castro. En canto aos garaxes situados en Juan García, recoméndase que accedan por Conde Vallellano.
Relacionadas:
-
Xoanqui Ameixeiras abre as Festas de San Roque cun emocionante pregón dun "foráneo namorado desta ría"
Por Redacción |
-
Policías e sanitarios reforzan a súa colaboración para as festas de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Haberá un amplo dispositivo para garantir a seguridade durante a Festa da Auga de Vilagarcía
Por Redacción |