Policías e sanitarios reforzan a súa colaboración para as festas de Vilagarcía
Por Redacción
O Hospital do Salnés acolleu na mañá deste martes unha xuntanza técnica entre coordinadores sanitarios do distrito de O Salnés con Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para ampliar a dispoñibilidade e colaboración conxunta cara a garantir a seguridade e o mantemento da saúde pública en Vilagarcía de Arousa durante o presente período estival e, particularmente, durante a vindeira Festa da Auga.
A directora do distrito sanitario de O Salnés, María Gómez Reino, acompañada da subdirectora de Enfermaría do Hospital do Salnés, Silvia Amoedo Casqueiro, o xefe de Servizo de Urxencias, Manuel Vázquez Lima e a coordinadora de Enfermaría deste servizo no hospital arousán, Concepción Abellás Álvarez, mantiveron esta xuntanza técnica de coordinación con responsables do Corpo Nacional de Policía na comarca arousá, na que tamén se analizaron protocolos de actuación conxunta ante agresións ao persoal sanitario, situacións coma recentemente se produxeron no centro hospitalario de Ande-Rubiáns.
Neste senso, lembráronse as liñas xerais do vixente protocolo sobre medidas policiais frente a agresións a profesionais da saúde, quedando patente de novo a consideración de autoridade pública dos profesionais que conforman o colectivo sanitario. Dito protocolo tamén establece mecanismos e instrumentos tanto preventivos coma de coordinación permanente entre os expertos policiais e as autoridades sanitarias.
Durante a reunión no Hospital do Salnés, os responsables sanitarios espuxeron aos efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado diversas liñas de actuación conxunta ante este tipo de agresións, xunto coa total disposición da Área Sanitaria para, de xeito coordinado co Corpo Nacional de Policía e os servizos municipais, establecer os dispositivos necesarios e o reforzo da coordinación interinstitucional durante os actos de celebración das vindeiras festas en Vilagarcía de Arousa.
Relacionadas:
-
Festa da Auga baixo a chuvia
Por Redacción |
-
A Festa da Auga mobiliza un operativo especial de limpeza de 85 persoas
Por Redacción |
-
A rúa Alejandro Cerecedo de Vilagarcía, cortada ao tráfico os martes e sábados pola mañá ata o 21 de agosto
Por Redacción |
-
Haberá un amplo dispositivo para garantir a seguridade durante a Festa da Auga de Vilagarcía
Por Redacción |