Viascón xa ten programa de festas para honrar a Santiago Apóstolo
Por Redacción
Viascón xa ten programa de festas para honrar a Santiago Apóstolo durante o domingo 24 e o luns 25 de xullo.
Durante a noite do domingo o protagonismo será para para a orquestra Magos e o trío La Noche, que serán os encargados de amenizar aos asistentes co seu toque musical no campo das festas da vila.
O momento máis relixioso chegará o luns día 25 cunha xornada festiva que contará cunha misa solemne cantada como acto central. Será ás 13:00 horas na igrexa parroquial de Viascón seguida de procesión acompañada pola Banda Unión Musical de Tenorio.
O broche de ouro á celebración o porá a Banda Unión Musical de Tenorio, que ofrecerá aos presentes varias pezas do seu variado repertorio para amenizar os momentos de reencontro veciñal no atrio da igrexa.
No acto de presentación estiveron o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o tenente de alcalde Fernando Vázquez e a Comisión de Festas de Viascón, presidida por Javier Lois e formada por Ana Lago, Teresa Valiño e Isabel Villanueva.
Cubela destacou a labor da Comisión por "dinamizar a parroquia con este tipo de celebracións e anímovos a seguir traballando polo Concello de Cerdedo-Cotobade pola veciñanza coa intención de seguir mantendo vivas as nosas tradicións ao tempo que se ofrecen novas alternativas de lecer para compartir de xeito harmónico entre todos".