Estudan engadir unha parada máis para o Bus Urbano na contorna de Eduardo Pondal
Por Redacción
O Concello de Pontevedra segue a estudar e mellorar o servizo de transporte público na cidade. Sobre as novas liñas do Bus Urbano, que comezaron a funcionar en outubro do pasado ano, o Goberno local cre que "demostraron ter un funcionamento positivo e correcto, mais que debe seguir sendo optimizado".
Nese sentido, a área de Mobilidade está a estudar a creación dunha nova parada na contorna de Eduardo Pondal.
O novo punto de recollida e baixada de pasaxeiros estaría situado na rúa Doce de novembro, entre as rotondas da rúa Teixoxeira e Eduardo Pondal. A súa situación permitiría unha maior comodidade aos usuarios que usan este transporte, xa que ofrecería a posibilidade de coller o bus nun punto intermedio entre as paradas xa existentes na zona.
"A posibilidade da instalación da nova parada é posible logo de comprobar como o servizo pode asumilo sen ver deteriorado a calidade deste en base aos seus tempos", afirman dende o Concello. Así, o correcto funcionamento do Bus Urbano e a posibilidade de cumprir os traxectos en hora permite certo marxe e dinamismo á hora de procurar novos puntos de recollida e baixada sen que se resinta neste eido o transporte.
Doutra banda,o Concello lembra que "continúa co traballo de optimización das liñas", recollendo as peticións dos usuarios e procurando que o servizo siga o seu camiño, detectando posíbeis fallos e corrixíndoos.
Así, xa foi anunciada a creación doutra nova parada, a petición dos usuarios, na liña que conecta a cidade con Montecelo, no lugar de Moldes, no entronque entre a estrada de Ponte Caldelas e a ronda Leste.
Relacionadas:
-
O Concello de Pontevedra abordará coa Xunta o reforzo dalgunhas liñas do transporte urbano
Por Oskar Viéitez |
-
As dúas novas paradas do bus urbano, en Eduardo Pondal e Mourente, pendentes da burocracia
Por Alejandro Espiño |
-
Os bonos mensuais do bus urbano, a metade de prezo ata final de ano
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Eduardo Pondal piden que se reduza o tráfico que pasa pola rúa
Por Alejandro Espiño |
-
Retoman o servizo de autobuses á Canicouva suspendido de forma sorpresiva
Por Natalia Puga |
-
Indignación co transporte público na Canicouva: o autobús déixaos tirados a 3 quilómetros de casa sen aviso previo
Por Natalia Puga |
-
O lugar de Moldes terá unha parada na liña urbana de bus que conecta con Montecelo
Por Redacción |