Salcedo retoma este domingo a súa Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción
Os comuneiros de Salcedo volven estar de festa. Celebrarán este domingo 17 de xullo a sexta edición da súa Festa da Veciñanza Comuneira.
O encontro comezará ás 11:30 horas cunha exhibición de iniciación ao pastoreo con cans de raza border collie, no campo de fútbol do Casal.
Unha hora máis tarde, será a visita aos traballos de recuperación da orografía e da paisaxe forestal na zona de Pozos de Méndez e o sendeiro entre a Fonte Nova e a Fonte dos Frairas.
O evento central será o xantar popular, que se celebrará no antigo campo de tiro da Brilat a partir das 14:30 horas, que rematará coa actuación do Dúo Marema.
"Participa da festa e goza con orgullo de ser veciño ou comuneiro desta parroquia e se non es, apúntate a ela, tamén serás benvido", destacan desde a comunidade de montes.